E TI, CAL ERES? =)

E TI, CAL ERES? =)

lunes, 31 de mayo de 2010

http://www.phpwebquest.org/newphp/webquest/soporte_mondrian_w.php?id_actividad=1170&id_pagina=5

Para rematar, analizarei a webquest. Unha webquest é unha actividade de investigación realizada por alumnos e que pode colgarse en internet.

A webquest que escollín é: http://www.phpwebquest.org/newphp/webquest/soporte_mondrian_w.php? id_actividad=1170&id_pagina=5

É unha webquest dirixida ó estilo musical denominado jazz.
Contén unha información breve pero concisa.

Consta de cinco indicadores para realizar o traballo:

Þ Introdución: nos explican cómo realizar o traballo.
Þ Tarefas: nos propón unha serie de preguntas que deberemos investigar e resolver;proceso, aquí envíannos unha serie de links nos que debemos buscar información sobre ó tema, cómo temos que elaborar o informe de traballo e a ónde teríamos que mandalo, ademáis que resolvamos unha resposta máis acerca do jazz.
Þ Evaluación: indícannos qué aspectos do traballo valorarán, entre eles as ideas que teñamos, os recursos multimedia que empreguemos, se engadimos imxaes...Ademáis concretan a valoración que darán por cada pregunta.
Þ Conclusións: neste apartado fai unha breve reflexión persoal sobre o jazz que deixanos con “ganas de máis”.

Aínda que o tratamento sobre a actividade é claro e consiso, a webquest paréceme falta de elementos estimulantes para atraer a nosa atención acerca do tema (non hai imxaes, nin videos ou enlaces a outras páxinas). O vocabulario que emprega paréceme o correcto e as actividades e tarefas que propón tamén. A pesar diso, non engade ó(s) curso(s) ó(s) que iría dirixido nin demostra relación con algunha faceta do curriculum.
Un aspecto que me desagradou foi, que no apartado da evaluación, engadan a actividade que eles consideran de maior importancia, xa que considero que debería aparecer no apartado referente ás actividades.

En canto ó aspecto da webquest, non me gusta moito xa que, como xa dixen, carece de calquer imaxe, audio, vídeo... e a información concéntrase nun pequeno recadro de cores vivas, e o resto da páxina permanece en branco. Creo que tratándose de nenos, deberiase coidar máis a imaxen da actividade de investigación que realizarán.

Finalmente, penso que non elixiría esta webquest para realizar algún traballo con ela no futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario