E TI, CAL ERES? =)

E TI, CAL ERES? =)

domingo, 30 de mayo de 2010

http://henarmonia.blogspot.com/



Antes de comezar o análise dos blogs e a webquest, definirei o que é un blog.

Un blog, weblog ou bitácora é un formato de publicación na web. É un sitio web, individual ou colectivo, cuxa característica fundamental é que facilita a publicación de contidos en Internet. (Fumero y Saez Vacas, 2006).

En canto á educación, tamén atopamos os edublogs, blogs de carácter educativo que axudan tanto o profesor (compartindo ideas con outros mestres…) como ós alumnos (como actividade estimulante que fomentaría a súa autonomía e independencia sobre o coñecemento, xa non exclusivo dos docentes).

No caso dos profesores é unha ferramenta máis de traballo, que lles permite expandir os seus coñecementos , inquedanzas, gustos… co resto do mundo. É un recurso sen límite de horas, espazo, tempo, lugar, e, sempre, con posibilidades de renovarse. Dado que un profesor debe actualizarse no transcurso da súa docencia, os blogs son unha manera fácil, práctica e divertida de facelo.

O primeiro blog que analizarei é http://henarmonia.blogspot.com/.
Foi creado por Henar Matesanz, unha profesora de Linguaxe Musical, Educación auditiva e vogal e de Acompañamento, que na actualidade traballa no Conservatorio de Música de Lugo. O blog está pensado para os seus alumnos de Linguaxe Musical e de Educación auditiva e vogal, así como para os seus antigos alumnos do Conservatorio de Música de Santiago de Compostela. Polo tanto, estariamos a falar dun edublog, dos que xa falei antes. Como ela mesma di, poderemos atopar neste blog cancións, xogos, exercicios e curiosidades que nos axuden a “escoitar, entender, e a disfrutar máis e mellor do linguaxe da música”.

Un aspecto a destacar do blog é que, de forma ordenada e clara, contén moitos contidos e información (dende cómo poder estudar no Conservatorio ata actividades para os seus alumnos ou vídeos divertidos relacionados coa música).
Ademáis, a información que quere resaltar encóntrase centrada no blog e, máis á esquerda atopamos diferentes iconos que nos indican enlaces a outras páxinas; recursos didácticos; á hora que é; a súa lista de blogs preferidos; etiquetas que clasifican as diferentes entradas; ditas entradas enumeradas cronológicamente, os seus datos persoais; os seus seguidores; un mapamundi dos internautas que están a visitar o blog nese momento; e ata un “piano” virtual.

O aspecto do blog é o seguinte: atopamos un fondo de cor clara, o que fai que a letra enténdase ben, pero con pequenos detalles á cor (como uns pequenos círculos amarelos). Isto, darános unha sensación de claridade e de coherencia ó longo do blog, dado que é moi fácil atopar todos os contidos que ofrece e, ademáis non caer no aburrimento (dado as cores que nomeamos e as distintas imaxes alegres e á cor que amosa).

No respecto á escritura, a ortografía e a gramática pareceume a adecuada xa que a maneira de expresarse é clara e fácil de comprender.

As sensacións que transmite o blog é de tranquilidade, seguridade (sensacións próximas as que tén que relacionarse un profesor) pero á vez contén as suficientes ferramentas para estimularnos, divertirnos e fomentar a nosa creatividade. Polo tanto, pareceme un blog moi axeitado para que o frecuenten alumnos de educación musical no ámbito que sexa.

Por último, dicir que algo que gustoume especialmente do blog foi o feito de que alterne unha entrada que conteña moito texto con outra na que haxa soamente videos, de maneira que a exposición de coñecementos non sexa excesivamente teórica.

Ademáis as súas máis de 30.000 visitas, ser finalista no Premio Espiral de Edublogs (2009) e gañadora no ano 2010 desta mención, avalan ó traballo desta profesora na rede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario