E TI, CAL ERES? =)

E TI, CAL ERES? =)

domingo, 30 de mayo de 2010

http://nosvemosenelblog.blogspot.com/


Ola! A pesar de que (incríblemente) non gañamos Eurovisión, a vida continúa. Así que sen máis continuarei o analise que onte comezei.

O segundo e último blog do que falarei é: http://nosvemosenelblog.blogspot.com/.

Como xa dixen, un blog é unha ferramenta de publicación de contidos que ofrece moitísimas posibilidades no ámbito educativo.

Este blog foi creado por Marian Domínguez, profesora de música en Educación Secundaria. Según Marian, o fixo para intercambiar ideas, escoitar, comentar e aprender fóra das aulas.

Este blog contén moita información e as súas entradas adoitan sen largas en canto ó texto. A maioría das entradas inclúen textos, vídeos, imaxes ou cancións; polo que ofrece un amplo coñecemento en cada entrada sobre o tema que trata.
As entradas do blog encóntranse no centro e á dereita, atopamos enlaces de interese, o seu perfil, páxinas favoritas, entradas antigas…

En canto ó aspecto, é menos estimulante que o outro, carece de cores vivas e o fondo branco transmite serenidade. Ademáis carece de “adornos” ou pasatempos virtuais como o “piano” que podiamos tocar no outro blog. Este aspecto podería ir acorde ó público principal ó que vai dirixido á páxina: os seus alumnos de Eduación Secundaria Obligatoria.

Ó igual co outro, a escritura do blog paréceme correcta e sinxela.

Na miña opinión, este blog iría máis encamiñado a adquisición de coñecementos por parte da profesora que dos alumnos, posto que as actividades dedicadas a estes non están resaltadas nin serían a parte central do blog.

Sen dúbida, este blog tamén tén unha alta calidade no ámbito educativo aínda que o traballo para o alumno sería dunha maneira máis independiente e autónoma, que requeriría maior atención e un gran número de consultas a outras fontes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario